De Jean-Luc Lagarce
Para público en xeral
Dende o 13/09/2024 ata o 14/09/2024
Xa rematou
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo NON se poderá acceder á sala
Pídese puntualidade.
95 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
25'00, 20'00, 15'00, 10'00 € (desconto do 20% para +65 anos, Carné Xove, e persoas desempregadas; do 25% para familias numerosas)
*Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
Louis fuxiu desa familia durante anos. Abandonounos. Escapa de alí para construír unha vida nova ás costas da familia na que creceu. E cando recibe a noticia da súa inminente morte, decide volver como o fillo pródigo para, di el, comunicar a súa morte. Buscando non se sabe moi ben que: o peche dun ciclo?, o perdón pola súa ausencia?, a calor daqueles aos que renunciou pero que lle seguirán sendo fieis nestes últimos pasos da súa vida?, o reencontro con ese paraíso perdido que é a infancia? Louis non conseguirá comunicar a noticia, pero daralles a oportunidade a eles −a súa nai, os seus irmáns e a súa cuñada− de mostrarlles o que significou a súa ausencia e a dor que lles provocou.
Con: Irene Arcos, Yune Nogueiras, Raúl Prieto, María Pujalte, Eneko Sagardoy e Gilbert Jackson
Dirección: Israel Elejalde
Produción de Teatro Español e de Teatro Kamikaze
*Venda de entradas soltas a partir do 6 de setembro
Despacho de billetes da praza de Ourense, de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función dende as 16.00 h
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible