Concello da Coruña

Concello da Coruña

CICLO SEN NUMERAR - Outono 2024

Ciclo de artes escénicas para público xuvenil e adulto con espectáculos en pequeno e mediano formato. Ciclo que conta coa colaboración de AGADIC.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 21/09/2024 ata o 05/12/2024

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 9,00 €

Descontos

Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas 7,00 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Documentos:

Programa Sen Numerar Outono 2024 (1 MB)

21 setembro

TOLÓPTICA. UN PERDEDOR DE PRIMEIRA

Autoría: Ismael Gil Candal

Compañia: Código Azul

4 outubro

DESEXO

Autoría: Diego Rey

Compañía: Talía Teatro

25 outubro

KENNEBEC

Autoría: Iria Pinheiro e Mónica de Nut

Compañía: Iria Pinheiro

8 novembro

MULLERES QUE VIVEN SOAS

Autoría: Paula Carballeira

Compañía: Buerrobambán

5 decembro

NEURA

Autoría: Manuel Pombal Pérez

Compañía: Stephanie Maybelle Llaryora

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h

- Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de función desde 1 hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión