Os visitantes e participantes de Coruña Film terán a oportunidade de ver en exclusiva os debuxos e bosquexos da próxima película dirixida por Javier Fesser: "Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo".
Todos os públicos.
Dende o 30/10/2014 ata o 01/11/2014
Xa rematou
Horario de apertura do Ágora.
Gratuíto.
As instalacións do Ágora acollerán unha completa exposición cos bosquexos e debuxos da próxima longametraxe de Javier Fesser: "Mortadelo y Filemón contra Jimmy el Cachondo".
A exposición realiza un interesante percorrido polos personaxes principais da película de animación, mostrándolle ao visitante o estilo e as peculiaridades técnicas da película, que se estrea o próximo 28 de novembro.
Todos os bosquexos, props e storyboards foron realizados por Víctor Monigote, director artístico e deseñador dos personaxes da película.
A mostra, dirixida a públicos de todas as idades, é o exemplo perfecto do proceso de creación de personaxes de animación para o cinema.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible