As focas son un dos principais símbolos da loita polos dereitos dos animais. Desgraciadamente, tamén son o alimento base e un elemento fundamental da economía dos inuit, a cultura indíxena que habita as tundras do norte de Canadá, Alaska e Groenlandia. A tradición ancestral de cazar focas non só é básica para a súa alimentación e economía, senón que ten un rol central no ámbito social e na identidade inuit.
Para público en xeral
05/09/2017
Xa rematou
20:00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezada a proxección non se permite o acceso á sala.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada: 2,50 euros e 2,00 euros (para maiores de 65, persoas desempregadas e carné xove)
** Para prezos reducidos, sen o documento que acredite o desconto, non se permitirá o acceso á sala.
A ruidosa loita das principais organizacións ecoloxistas para erradicar a matanza de focas no mundo sementou a sombra na forma de vida desta comunidade que, debido á súa natureza silenciosa, non tivo nunca voz no debate público.
Con este documental, a directora inuit Alethea Arnaquq-Baril dálle por fin ao seu pobo a oportunidade de defenderse dos prexuízos culturais que envolven o seu estilo de vida e de plantar cara aos grandes grupos ecoloxistas internacionais que nunca os quixeron escoitar fronte a fronte.
Sobre a dirección (Alethea Arnaquq-Baril)
Alethea Arnaquq-Baril é unha directora inuit do Ártico canadense, onde se atopa a súa compañía produtora, Unikkaat Studios. A súa obra xira arredor da cultura inuit e céntrase en reivindicar e manter a dita cultura. Dirixiu o premiado documental Tunniit: Retracing the Lines of Inuit Tattoos, a hipnótica curta Inuit High Kick e dúas curtametraxes de animación, Lumaajuuq e Sloth. Traballou como produtora executiva e coproduciu o documental Arctic Defenders, de John Walker, e Experimental Eskimos, de Barry Greenwald. Máis recentemente, dirixiu Aviliaq: Entwined como parte do Embargo Project.
Premios e festivais:
Premio do Público - Hot Docs. Canadá, 2016
Canada's Top Ten People's Choice Award - TIFF Toronto International Film Festival. Canadá, 2016.
Berlinale, Berlin International Film Festival - Alemaña, 2017.
Sección Oficial Panorama - DocsBarcelona, 2017.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Centro Ágora: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible