Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festas María Pita 2024

O pregón de Lucas Pérez e a actuación de Kate Ryan darán comezo ás Festas de María Pita 2024

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 01/08/2024 ata o 01/09/2024

Xa rematou

Organiza:

Concello da Coruña

Documentos:

Programación completa Festas María Pita 2024 (4 MB)

Omar Montes, Los Planetas, La Plazuela ou Budiño súmanse ás Noites de María Pita , entre o 1 e o 14 de agosto

As Festas de María Pita 2024, contarán na súa xornada inaugural co pregón de Lucas Pérez e coa actuación musical de Kate Ryan.

A praza de María Pita será o grande escenario destas festas coa celebración nesta praza de Noites de María Pita, o Festival Internacional de Folclore, a Semana Clásica e o Festival de Habaneras.

As Noites de María Pita contarán con actuacións de todos os estilos e para todos os públicos, comezando coa cantante belga Kate Ryan. O día 2 estarán Mocedades e Los Panchos, o día 3, Los Planetas, o día 4, Rock en Familia, o día 5, Omar Montes e o día 6 o festival "Locos por la Música", con Modestia Aparte, Los Toreros Muertos, Amistades Peligrosas, OBK, Un Pingüino en mi Ascensor e Hechizo (Homenaxe a Héroes del Silencio). Tras unha paréntese pola celebración do Festival Noroeste Estrella Galicia, regresarán as Noites de María Pita o 12 de agosto con La Plazuela. O 13 actuará Ariel Rot e o 14 pechará esta edición Budiño, cun concerto especial con varias colaboracións.

Do 7 ao 11 de agosto a praza de María Pita acollerá o Festival Internacional de Folclore e, do 17 ao 20 de agosto, terá lugar a Semana Clásica, con actuacións da Orquestra Sinfónica de Galicia, da Banda Municipal de Música, da Orquestra GAOS e da Orquestra de Cámara Galega. Serán actuacións especiais, con diferentes colaboracións e repertorios especiais. No caso da Banda Municipal presentará 'A Noite das Cancións Extraordinarias', cunha selección de cancións que triunfaron na Coruña en diferentes épocas realizada por Xurxo Souto e coas voces principais de Paco Lodeiro e Rosa Cedrón. De novo, nas Festas de María Pita haberá espazo para a tradición co Certame de Habaneras, que terá lugar do 21 ao 25 de agosto na praza de María Pita .

Romaría, Viñetas, Teresa Herrera e moito máis

A Romaría de Santa Margarida, unha das mellores citas de baile e música tradicional, este ano contará cun concerto especial de Rodrigo Cuevas o xoves 29. Será unha actuación de pago e as entradas xa están á venda. O venres 30 haberá un concerto especial de Trilitrate no Planetario da Casa das Ciencias e pola noite será a Gran Noite do Folclore, coas asociacións tradicionais da cidade. Ademais, o sábado 31 e domingo 1 de setembro estarán formacións como Xabier Díaz, Xurxo Fernándes ou Startijenn.

Haberá, como cada ano, unha nova edición da Feira do Libro e do Libro Antigo, así como o festival Viñetas desde o Atlántico ou o trofeo Teresa Herrera de Fútbol, que terá lugar os días 9 e 10 de agosto en Riazor.

Nos barrios tamén serán protagonistas estas festas: Oza-Gaiteira-Os Castros, Eirís, Castrillón, Sagrada Familia, Novo Mesoiro. Ademais, o programa Cascarillarte volverá encher os diferentes barrios con actuacións para todos os públicos entre o 12 e o 30 de agosto. Por último, a Batalla Naval, que este 2024 cumpre 40 anos dr a súa primeira celebración, será o venres 16 de agosto na enseada do Orzán, coma todos os anos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión