Espectáculos nados da fusión de distintas disciplinas artísticas.
Para público en xeral
Dende o 03/03/2018 ata o 02/06/2018
Xa rematou
20.00 h
PÍDESE PUNTUALIDADE. UNHA VEZ COMEZADO O ESPECTÁCULO NON SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
9,00 euros (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 8,00 euros)
Abono para os tres espectáculos: 21,00 euros
Menores de 3 anos: 2,00 euros
** Deberán ter entrada todas as persoas que accedan ao espazo no que terá lugar o espectáculo.
981 189 888
Propostas que procuran chegar a algo máis que o "máis difícil aínda" con novas linguaxes escénicas.
Os espectáculos inciden nas expresións artísticas do novo circo, baseado na incorporación das novas estéticas e o cruzamento de disciplinas provenientes do teatro, a danza e a música, que refrescaron e revitalizaron a escena actual.
Trátase de espectáculos con características propias como a tenrura, a acrobacia, o poder do visual, un concepto teatral do argumento, unha particular linguaxe estética e un tratamento plástico do espazo.
Agardamos deixarvos coa boca aberta!
Espectáculos para todos os públicos
- sábado 3 de marzo
El apartamento de Cirk About It
Dirección: Alfonso Alonso (o gran Rufus)
Intérpretes e acróbatas: Laura Barba Ruíz, David Tornadijo Arce e Miguel Molinero García.
- venres 16 de marzo
Autoría: Ferruccio Cainero e Pepa Plana
Dirección: Ferruccio Cainero
Intérprete: Pepa Plana
- venres 27 de abril
Dirección: Natalia Outeiro
Intérpretes: Ariñe, Jano, Santi e Páez
- sábado 5 de maio
Intérprete: Marcel Gros
- sábado 2 de xuño
Les Rois Fainéants de Cía. Cocotte
Dirección: Joan Cusó
Intérpretes: Clara Algaba, Ferran Echegaray, Berta Graells, Agnés Jabbour, Borja Nieto e Pino Steiner.
VENDA DE ENTRADAS:
DESPACHO CENTRAL DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
DESPACHO DO CENTRO ÁGORA: aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles).
TELEVENDA: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00) www.ticketea.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible