Esta mostra propón un percorrido contra o esquecemento.
Para público en xeral
Dende o 10/09/2020 ata o 11/10/2020
Xa rematou
- Luns: pechado
- De martes a sábado:
Mañás de 11.00 a 13.30 h
Tardes: de 18.00 a 20.00 h
- Domingos e festivos:
Mañás de 12.00 a 14.00 h
Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña
Gratuíta
Concello da Coruña
A Casa Museo Casares Quiroga acollerá esta mostra que propón un percorrido contra o esquecemento a través das viñetas de destacados debuxantes e guionistas españois e acompañada de paneis explicativos do momento histórico que reflicten: a guerra, o exilio e a vida cotiá durante a ditadura franquista.
A selección de obra gráfica corresponde á dos autores Sento Llobel "El doctor Uriel", Paco Roca "Los surcos del azar", Antonio Altarriba "El arte de volar" e "El ala rota" e José Pablo García "La Guerra Civil Española".
Noutro plano e complementario, engádese a documentación da realidade gráfica a través dos cómics da época (entre 1936-1960) con exemplares de TBO, Aventuras y detectives, Bufallo Bill, El traidor, Nick Carter, Sherlock Holmes, Gente menuda, Sitting Bull, Trampolín, Capitán Trueno ou El guerrero del antifaz.
O Concello da Coruña xunto coa ARMH achegan esta linguaxe gráfica co obxectivo de lle dar a coñecer á veciñanza, e á cidadanía en xeral, os feitos históricos que aconteceron no noso país.
Os institutos, alumnado e profesorado, poderán solicitar unha visita e recursos didácticos para o seguimento da exposición.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible