Concello da Coruña

Concello da Coruña

PASSAGES de Ira Sachs

Un drama extraordinariamente íntimo e penetrante que explora as complexidades, contradicións e crueldades do amor e os desexos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 26/09/2024, 27/09/2024, 28/09/2024

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Duración:

91 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove,  + 65 anos ou persoas desempregadas 2,00 €

Sesión do espectador: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA EN SALAS DE CINEMA

  • Puntualidade. Unha vez comezada a proxección non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a mesma.
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e luz molestan ao resto do público.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os carriños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Páxina web:

https://www.caramelfilms.es/catalogo/passsages/

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Durante o último día da rodaxe da súa película, o director Tomas inicia de forma impulsiva unha apaixonada historia de amor con Agathe, unha moza mestra. Para Tomas, estar cunha muller é unha novidade excitante que está a desexar explorar a pesar de que está casado con Martin. Pero cando Martin inicia a súa propia aventura, Tomas, moi voluble, volve centrar a súa atención no seu marido.

Ambientada no París contemporáneo, PASSAGES conta unha desenfreada batalla de desexos entre tres persoas, onde a ansia de posuír é unha constante e a felicidade está descartada.

Con Ben Whishaw, Franz Rogowski, Adèle Exarchopoulos

Francia 2023

91 minutos - VO en inglés SE

Non recomendada menores 12 anos

Ligazón a tráiler

https://youtu.be/gRhFNx93qko

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (agás festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión