Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa da Sinfónica temporada 2013-2014

Benvidos á temporada 2013/2014 da Sinfónica de Galicia, na que arrinca unha nova etapa artística da man do noso novo director titular, Dima Slobodeniouk.

Cando:

Dende o 04/10/2013 ata o 17/05/2014

Xa rematou

Prezo:

A súa chegada á nosa cidade á fronte da nosa orquestra e todas as agrupacións que compoñen un proxecto educativo sen parangón, permítenos afrontar o futuro con renovada ilusión e grandes expectativas, para seguir construíndo o proxecto OSG, baseándonos na excelencia artística, a súa proxección internacional e as actividades das agrupacións xuvenís que, baixo o paraugas de SonFuturo, crean día a día canteira de músicos por todo o territorio galego.

A posta en marcha do novo proxecto social ReSuena, no que apoiaremos coa nosa música e músicos a colectivos desfavorecidos e en risco de exclusión social, fará da Sinfónica de Galicia unha vez máis unha institución pioneira no noso país.

Unha das novidades desta temporada é a ampliación do seu abono principal, o abono venres, a vinte e dous concertos mentres que o recentemente estreado abono sábado manterá a súa estrutura principal con dez concertos, aínda que adiantará o inicio dos seus concertos ás 20 h, para permitir ofrecerlle ao noso público un abano maior de horarios.

Fóra da nosa cidade, a Orquestra Sinfónica de Galicia, facendo gala ao seu nome, segue ampliando a súa presenza noutras cidades galegas como Vigo, Pontevedra, Santiago e Ferrol, grazas á colaboración coa Fundación Novacaixagalicia, as sociedades filharmónicas de Vigo e Ferrol, e o Auditorio de Santiago.

A programación que presentamos nesta temporada ofrecerá un repertorio variado, incorporando máis de vinte e cinco obras que interpretará a nosa orquestra por primeira vez, ademais de grandes obras do repertorio orquestral baixo a dirección de directores consagrados que volven visitarnos, como Stanislav Skrowaczewski, Andrew Litton, Osmo Vänskä, Jesús López Cobos, Jun Märkl e Eliahu Inbal, directores que se están forxando un nome no circuíto internacional e que repiten despois de éxitos cultivados en temporadas pasadas como Andrew Gourlay e Michal  Nesterowicz, debutando directores novos como Ilych Rivas, Lionel Bringuier, David Afkham e Michele Mariotti xunto con nomes da categoría de Lawrence Renes, Leonard Slatkin, Robert Spano e Michail Jurowsky. Seguiremos tendo entre nós a Víctor Pablo Pérez, que volverá en temporada como director  honorario, a quen desexamos o maior dos éxitos nos seus novos proxectos artísticos e  agradecemos a herdanza tan importante que nos deixa.

O proxecto da nosa Sinfónica non sería posible sen o apoio das institucións que forman o Consorcio para a Promoción da Música, os patrocinadores que ano tras ano renovan os seus convenios de colaboración e os nosos abonados máis fieis.

Faime especial ilusión dar a benvida aos novos Amigos da OSG, que coas súas doazóns e apoio incondicional á nosa Orquestra, permitiranlle a esta institución seguir crecendo e liderando o mundo sinfónico, á vez que temos a honra de ser dignos embaixadores da Coruña e de Galicia.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión