Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Lecer do Fórum outono 2024

INICIO E FINALIZACIÓN DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 30 de setembro e rematarán o sábado 21 de decembro, no día e na hora que lle correspondan a cada taller.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/09/2024 ata o 21/12/2024

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

Documentos:

Forum - PROGRAMA LECER Outono 2024 (997 KB)

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS TALLERES DO PROGRAMA DE LECER - OUTONO 2024

  • Preinscrición: desde o martes 3 de setembro (a partir das 09.00 h) ata o xoves 5 de setembro (ás 23.59 h). Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.
  • Publicación das listaxes de preinscrición: o 9 setembro, ás 12.00 h, na páxina web municipal (www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.
  • Prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición: 9 e 10 de setembro, a través do correo electrónico forumagora@serviplus.org ou do teléfono 604272419

Forum Metropolitano – Listaxe inscricións con modificacións e reclamacións

  • Sorteo público: o mércores 11 de setembro, ás 10.00 h, na conserxaría do Fórum.
  • NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO: 76
  • Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e de prazas que se atopen en listaxe de agarda: o luns 16 de setembro ás 09.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010.
  • Pagamento da cota: os días 16,17 e 18 de setembro.
  • Adxudicación das prazas vacantes nos talleres sen listaxe de agarda: a partir do venres 20 de setembro, volverase a abrir o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 27 de setembro (estas prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, polo que é posible que algún taller se esgote antes).
  • Adxudicación de prazas nos obradoiros con listaxe de agarda: contactaremos telefonicamente coas persoas da listaxe de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos talleres que solicitaron. Nunha primeira volta o día 20 de setembro e nunha segunda volta o día 24 de setembro. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.
  • Pagamento das prazas adxudicadas da listaxe de agarda: as da 1ª volta do 20 o 23 de setembro, e as da 2.ª volta do 25 o 26 de setembro.
  • Adxudicación das prazas vacantes: a partir do venres 27 de setembro abrirase de novo o formulario de inscrición na web para o público en xeral, de todas aquelas prazas con ou sen listaxe de agarda que non foron aboadas nos prazos marcados, e farase o aboamento de igual forma que o resto, ata o 30 de setembro.

MODO DE PREINSCRICIÓN

1ª opción: farase de forma telemática, a través o formulario https://forms.gle/qPVrGAuF5GUqrGmU9

2ª opción: facilitarase axuda telefónica (de 09.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet ou non poidan achegarse aos centros presencialmente, a través do teléfono 604 272 419.

3ª opción: facilitarase axuda presencial (de 09.00 a 14.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet ou prefiran facelo presencialmente nos vestíbulos do Fórum e do Ágora.

  • Poderá inscribirse nun máximo de dous talleres. Hai que ter en conta que se respectará na adxudicación a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e este non se poderá modificar unha vez que se realice o sorteo.
  • Unha vez que se realice a preinscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta automática con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.
  • Se non se dispón de correo electrónico, poderá consultar os seus datos nas listaxes de preinscrición na páxina web e no Fórum, o 9 de setembro.
  • Nestes mesmas listaxes poderá coñecer o número designado para o sorteo público.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

Unha vez realizado o sorteo público, as listaxes co resultado do sorteo publicaranse o luns 16 de setembro ás 09.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010. Nelas figurarán o número de inscrición, o número do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os taller/es adxudicado/s e aqueles nos que se atope en listaxe de agarda.

As prazas de cada taller adxudicaranse a partir do número de inscrición que salga no sorteo público. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa. En todo caso, tratarase de conceder a todas as persoas solicitantes, polo menos, un taller, antes de conceder un segundo taller.

Para adxudicar as prazas vacantes e as non abonadas, terán preferencia as persoas das listaxes de espera que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.

COTA DE INSCRICIÓN OUTONO 2024

35 € por taller para as persoas menores de 65 anos. 24,50 € por taller para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos talleres.

PAGAMENTO DE COTA

Do 16 a 18 de setembro (os tres días incluídos).

1ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. Enviarase o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou se depositará nas conserxarías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co número do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Fórum ou Ágora) e o/os taller/es aboado/s.

2ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia en liña ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no FÓRUM ou no ÁGORA, en horario de 10.00 a 14.00 ou de 17.00 a 20.00 h, os días 16,17 e 18 de setembro. Para o pagamento das prazas vacantes ou en listaxe de agarda, o pagamento de forma presencial será exclusivamente de 10.00 a 14.00 h.

En caso de que o pagamento non se realice nos prazos marcados a praza quedará vacante, e chamarase ás persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila.

Se unha vez aboada a cota non puidese/gustase participar no taller, só se devolverá o seu importe se outra persoa solicitante ocupa a praza, coa data límite do luns 14 de outubro.

INICIO E FINALIZACIÓN DOS TALLERES

Comezarán a partir do luns 30 de setembro e finalizarán o sábado 21 de decembro, no día e hora que lle correspondan a cada taller.

Os talleres só se poñerán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

Documentos relacionados

  • Fórum Metropolitano - Listaxe das prazas adxudicadas 2024 (415 KB)
  • Forum Metropolitano – Listaxe inscricións con modificacións e reclamacións (529 KB)
  • Forum - PROGRAMA LECER Outono 2024 (997 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión