Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de Lecer do Ágora outono 2024

Os obradoiros comezarán a partir do luns 30 de setembro e finalizarán o sábado 21 de decembro, en distintos día e hora segundo cada taller.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 30/09/2024 ata o 21/12/2024

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Organiza:

Concello da Coruña

Documentos:

Agora - PROGRAMA LECER Outono 2024 (832 KB)

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS TALLERES DO PROGRAMA DE LECER - OUTONO 2024

  • Preinscrición: desde o martes 3 de setembro (a partir das 09.00 h) ata o xoves 5 de setembro (ás 23.59 h). Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.
  • Publicación das listaxes de preinscrición: o 9 setembro, ás 12.00 h, na páxina web municipal (www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.
  • Prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición: 9 e 10 de setembro, a través do correo electrónico forumagora@serviplus.org ou do teléfono 604 272 419.

Agora – Listaxe inscricións con modificacións e reclamacións

  • Sorteo público: o mércores 11 de setembro, ás 10.00 h, na conserxería do Ágora.

NÚMERO RESULTANTE DEO SORTEO: 249

  • Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e de prazas que estean en lista de espera: o luns 16 de setembro ás 09.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010.
  • Pago da cota: os días 16, 17 e 18 de setembro.
  • Adxudicación das prazas vacantes nos talleres sen lista de espera: a partir do venres 20 de setembro, volverase abrir o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 27 de setembro (estas prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición, polo que é posible que algún taller se esgote antes).
  • Adxudicación de prazas nos talleres con lista de espera: contactaremos telefonicamente coas persoas da lista de espera para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos talleres que solicitaron. Nunha primeira volta o día 20 de setembro e nunha segunda volta o día 24 de setembro. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da lista de espera.
  • Pago das prazas adxudicadas da lista de espera: as da 1.ª volta do 20 ao 23 de setembro, e as da 2.ª volta do 25 ao 26 de setembro.
  • Adxudicación das prazas vacantes: a partir do venres 27 de setembro abrirase de novo o formulario de inscrición na web para o público en xeral, de todas aquelas prazas con ou sen lista de espera que non foron aboadas nos prazos marcados, e farase o aboamento de igual forma que o resto, ata o 30 de setembro.

MODO DE PREINSCRICIÓN

1.ª opción: farase de forma telemática, a través do seguinte formulario https://forms.gle/Xr7htGhs5Rw251Yo7

2.ª opción: facilitarase axuda telefónica (das 09.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet ou non se poidan achegar aos centros presencialmente, a través do teléfono 604 272 419.

3.ª opción: facilitarase axuda presencial (das 09.00 ás 14.00 h), para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet ou prefiran facelo presencialmente nos vestíbulos do Fórum e do Ágora.

  • Poderá inscribirse nun máximo de dous talleres. Hai que ter en conta que se respectará na adxudicación a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non se poderá modificar unha vez que se realice o sorteo.
  • Unha vez que se realice a preinscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta automática con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.
  • Se non se dispón de correo electrónico, poderá consultar os seus datos nas listaxes de preinscrición na páxina web e no Ágora, o 9 de setembro.
  • Nestes mesmas listaxes poderá coñecer o número designado para o sorteo público.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS

Unha vez realizado o sorteo público, as listaxes co resultado do sorteo publicaranse o luns 16 de setembro ás 09.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010. Nelas figurarán o número de inscrición, o número do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os taller/es adxudicado/s e aqueles nos que estea en listaxe de espera.

As prazas de cada taller adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia no sorteo público. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa. En todo caso, tratarase de conceder a todas as persoas solicitantes, polo menos, un taller, antes de conceder un segundo taller.

Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de espera que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.

COTA DE INSCRICIÓN OUTONO 2024

35 € por taller para as persoas menores de 65 anos. 24,50 € por taller para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos talleres.

PAGO DE COTA

Do 16 a 18 de setembro (os tres días incluídos).

1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. Enviarase o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositarase nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co número do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Fórum ou Ágora) e o/os taller/es aboado/s.

2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia en liña ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pago da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no FÓRUM ou no ÁGORA, en horario das 10.00 ás 14.00 ou das 17.00 ás 20.00 h, os días 16, 17 e 18 de setembro. Para o pagamento das prazas vacantes ou en lista de espera, o pago de forma presencial será exclusivamente das 10.00 ás 14.00 h.

No caso de que o pago non se realice nos prazos marcados, a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da lista de espera para cubrila.

Se unha vez aboada a cota non puidese/gustase participar no taller, só se devolverá o seu importe se outra persoa solicitante ocupa a praza, coa data límite do luns 14 de outubro.

INICIO E FINALIZACIÓN DOS TALLERES 

Comezarán a partir do luns 30 de setembro e finalizarán o sábado 21 de decembro, no día e hora que lle correspondan a cada taller.

Os talleres só se poñerán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

Documentos relacionados

  • Ágora - Listaxe das prazas adxudicadas 2024 (312 KB)
  • Agora – Listaxe inscricións con modificacións e reclamacións (378 KB)
  • Ágora - PROGRAMA LECER Outono 2024 (832 KB)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión