Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programación de cinema outubro de 2024

Sala Marilyn Monroe: Joachim LafosseSala Fernando Rey : Cannes 2023

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/10/2024 ata o 26/10/2024

Horario:

Xoves ás 20.00 h

Venres ás 20.00 h

Sábado ás 17.30 e 20.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h prezo único 1,50 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.

Requisitos:

CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA

EN SALAS DE CINEMA

  • Puntualidade. Unha vez que comeza a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cinema poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o resto do público.
  • As salas de cinema teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cinema teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións necesarias.
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección. Poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

SALA MARILYN MONROE - JOACHIM LAFOSSE

4-5 outubro 2024

"À perdre la raison" (Perder a razón)

Con Êmilie Dequenne e Tahar Rahim

Francia 2012

111 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 16 anos e distintivo "Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero"

*Únicas proxeccións, venres ás 20.00 h e sábado ás 17.30 e 20.00 h

10-11-12 outubro 2024

"L'économie du couple" (Despois de nosoutros)

Con Bérénice Bejo e Cèdric Kahn

Francia 2016

100 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 12 anos

17-18-19 outubro 2024

"Les intranquilles" (Un amor intranquilo)

Con Leïla Bekhti e Damien Bonnard

Francia 2021

118 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 12 anos

24-25-26 outubro 2024

"Un silence" (Un silencio)

Con Emmanuelle Devos e Daniel Auteuil

Francia 2023

100 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 16 anos

SALA FERNANDO REY - CANNES 2023

3-4-5 outubro 2024

"Creatura", de Elena Martín

Con Elena Martín e Oriol Pla

España 2023

112 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 16 anos

10-11-12 outubro 2024

"How to have sex", de Molly Manning Walker

Con Mia McKenna-Bruce e Samuel Bottomley

Reino Unido 2023

90 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 16 anos

17-18-19 outubro 2024

"Kuonolleet Lehdet" (Fallen leaves), de Aki Kaurismäki

Con Alma Pöysti e Jussi Vatanen

Finlandia 2023

81 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 12 anos

24-25-26 outubro 2024

"Anatomie d'une chute" (Anatomía dunha caída), de Justine Triet

Con Sandra Hüller e Samuel Theis

Francia 2023

150 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 12 anos

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

- Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de proxección dende media hora antes, coa condición de que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión