Intervención audiovisual
Para público en xeral
18/05/2018
Xa rematou
Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Rúa Tabernas 11, 1º. 15001 A Coruña
Libre ata completar a capacidade
Ao falar, pensar, xestualizar ou intervir en algo, internámonos sempre en paraxes do descoñecido. A función da arte non é outra cousa máis que o descubrimento das paisaxes do descoñecido".
(Bartolomé Ferrando).
En "La inquietud de las cosas" enlázanse dous universos poéticos: o da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e o da artista arxentina Romina Casile.
Desta superposición xorde unha nova paisaxe que se desenvolve semanticamente entre os recunchos da casa, o mobiliario e as pezas audiovisuais; entre o pasado e o presente; entre as palabras e os sons.
Na súa obra, Romina Casile indaga nas potencialidades dos obxectos e espazos como signos lingüísticos, explorando nos vínculos de intimidade e os modos de comunicación que establecemos con eles. A través do desenvolvemento de diversos dispositivos, resemantiza os obxectos outorgándolles unha nova funcionalidade sonora que se manifesta en performances, que son á súa vez o resultado dunha serie de ensaios que buscan desenvolver a intuición, a conciencia e o diálogo.
Esta proposta logra transcender o tempo e o espazo para que ambas as artistas se atopen por primeira vez e resoen na procura de sensibilidades que atravesan distintos modos de habitar o cotián.
PEZAS AUDIOVISUAIS
Piezas microtonales (2014)
Abrazar lo entrañable en concierto (Improvisacións) (2016)
La persistencia del objeto (2016)
Nocturno para copas (2018)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible