25 de marzo de 2020
É outra medida adoptada polo Servizo Municipal de Educación, en colaboración coa Federación Provincial das ANPA, para dar continuidade a este programa cumprindo co confinamento
Os itinerarios virtuais comezarán este mércores 25 de marzo, e o primeiro directo realizarase ás 16.00 horas. Pódese acceder a eles a través do blog https://itinerariosvirtuales.blogspot.com/ ou do seu perfil específico de Facebook. A través desta canle habilitarase un chat en liña no que se irán realizando preguntas e resolvendo todas as dúbidas que poidan xurdir.
PRÓXIMOS DIRECTOS
O calendario de itinerarios virtuais retransmitidos en directo previsto para os próximos días é o seguinte:
· Venres 27 de marzo: polas rúas da cidade de María Pita
· Martes 31 de marzo: praza de Azcárraga e Palacio de Capitanía
· Xoves 2 de abril: praza de María Pita e Casa Consistorial
Cada retransmisión dará comezo ás 17.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible