Concello da Coruña

Concello da Coruña

SEN NUMERAR Outono 2024 - MULLERES QUE VIVEN SOAS de Paula Carballeira

As mulleres que viven soas sempre foron sospeitosas. Sospeitosas de amargura, de escuridade, de intencións ocultas. As mulleres que viven soas son bruxas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

08/11/2024

Horario:

20.30 h

Duración:

50 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

9,00 €.

Carné Xove, maiores 65 anos, persoas desempregadas: 7,00 €

** Para a aplicación dos descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar onde terá lugar o espectáculo.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.

Ao acceder ao teatro poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo política de descontos.

Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Non se permite o consumo de alimentos ou bebidas na sala.

Non está permitido gravar ou fotografar os espectáculos.

Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O seu son e luz molestan a público e artistas.

O teatro ten reservado o dereito de admisión

Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ao teatro teñen que contar con entrada, independentemente da idade ou de que ocupen ou non butaca.

Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do teatro daralle indicacións.

Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas dos espectáculos xa que non todas as persoas gozan do mesmo xeito.

Garde as súas localidades durante a representación; poderán ser requiridas polo responsable da sala.

A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

Seguir as instrucións do persoal de sala

Actuar con responsabilidade.

Páxina web:

https://berrobamban.com

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.es

Protagonizada por tres mulleres, as Tres Bruxas que profetizan o ascenso de Macbeth ao trono na peza de Shakespeare. Tres bruxas que encarnan os males deste mundo que nos serven de referencia para rir da diferenza entre como nos ven (ou nos contan) e como sentimos nós dentro das nosas casas. #MQVS é espectáculo híbrido entre o teatro documental, stand up comedy e o teatro isabelino interpretado por tres das contadoras de historias máis relevantes do país: Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo. Tres mulleres excepcionais para dar voz e corpo a historias reais e personaxes femininos de ficción.

Dirección: Chiqui Pereira e Nuria Sanz

Elenco: Paula Carballeira, María da Pontragha, Vero Rilo

Compañía: Berrobambán

Duración: 50 minutos

Espectáculo en galego

VENDA DE ENTRADAS:

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (excepto festivos): de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Forum Metropolitano: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión