A Resurrección de Nuno e unha "Comedia post Mortem" que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da ciencia ficción mais que, porén, xa está a tocar a nosa porta na actualidade. Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos soterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade? Serán quen de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?
Xuvenil, Para público en xeral
03/02/2023
Xa rematou
21:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 9,00 €; descontos (carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 €
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.gal
En pleno funeral do avó Nuno, a familia decátase de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente o finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial.
Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo. Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á luz conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=noUl_sT42qA
FICHA ARTÍSTICA
Intérpretes: Pepa Barreiro, Sergio Macías, Stephy Llaryora, Diego Freire e Nadia Doménech, Anxo Outomuro
Autoría: Pilar G. Almansa
Dirección: Cecilia Geijo
Adaptación: Roi Vidal Ponte
Escenografía e iluminación: José Faro Coti
Música: Xavier Bertolo
Vestiario: Diego Valeiras
Comedia.
Duración: 75 minutos
Idioma: galego
VENDA DE BILLETES
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible