Concello da Coruña

Concello da Coruña

Valeria Castro

Valeria Castro no Teatro Colón

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/06/2024

Xa rematou

Horario:

21.00 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

  • Platea: 29,00 €
  • Palcos: 26,00 €
  • Principal: 22,00 €
  • 1ª fileira de principal (visibilidade reducida): 20,00 €

Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos ou persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*Os descontos aplicaranse logo da presentación previa do documento que acredite o desconto.

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.

• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Adhesión Mercantil Coruñesa SL

Valeria Castro é dona dunha voz sensible, fráxil, propicia para o calafrío. O seu primeiro álbum "Con cariño y con cuidado" é unha radiografía da alma formulada en primeira persoa; un exercicio de autoestima e amor propio e, sobre todo, a constatación de que o seu asinante só sabe falar daquilo que verdadeiramente lle concerne e conmove. Nada do que canta e conta Valeria se comprendería sen toda a súa bagaxe previa; sen o alento dunha terra, unha familia e unha veciñanza, sen a pegada indeleble da súa illa: A Palma. Non canta só ela, a título particular: canta todo un pobo, unha maneira de concibir a vida. É a voz da sinceridade e a esencia. Unha gorxa en carne viva.

Estamos ante un traballo cun fío condutor ou unha espiña dorsal. É o autorretrato dunha rapariga insular ultra sensible que se abre en canle e deixa que nos asomemos ás entrañas mesmas da alma. O testemuño, en primeira persoa do singular, dunha moza que fai da súa verdade o xerme irrenunciable da súa mensaxe. A zona cero dunha confesión de empatía e sinceridade devastadoras.

Con tan só 24 anos, Valeria Castro, o novo talento que anos atrás Alejandro Sanz descubriu en Instagram e con quen despois cantara en directo o "Corazón partío", deixou de ser unha promesa para ser unha realidade, sen dúbida unha das voces máis prometedoras do mundo hispanofalante. O seu primeiro LP será presentado en máis de 10 países, enchendo prazas tan importantes como "Noches del Botánico" e cantando con artistas da categoría de Vetusta Morla, Silvana Estrada ou Vicente García. En setembro de 2023 recibe o seu primeiro nomeamento aos Latin Grammy na categoría de "Mellor Canción de Autor" pola súa canción "La raíz" e en novembro de 2023 consegue ser proposta ao Premio Goya á "Mellor canción orixinal" por "El amor de Andrea", composto e interpretado xunto con Vetusta Morla.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente os días de función dende 2 h antes (sempre que queden entradas dispoñibles)
  • Ventaen despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (agás festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión