Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2024

A Coruña máis inclusiva vestiuse hoxe de cores na celebración da XI edición da Carreira ENKI, que contou coa participación de 15.000 persoas

A alcaldesa, Inés Rey, participou na entrega de premios ás persoas que vestiron os disfraces máis orixinais durante a proba, ideada como un circuíto de obstáculos adaptados, de carácter lúdico e non competitivo

Este sábado celebrouse a décimo primeira edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello, que, desde hai unha década, promove valores como a visibilización dos colectivos con diversidade funcional, a educación integradora e tamén a inclusión social.

Unhas 15.000 persoas participaron este ano na proba, que comezou esta tarde ás 16.00 horas sendo fiel á súa identidade: a dun evento aberto a todos os públicos, lúdico e non competitivo, ideado para o goce das persoas asistentes nun formato de circuíto de obstáculos adaptados ao longo de 2,5 quilómetros desde o Obelisco ata a contorna de San Antón, pasando polo Parrote.

A alcaldesa, Inés Rey, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Participación, Nereida Canosa, acompañadas por por Ángel López e Carmen Touza, presidente e xerente da Fundación ENKI, respectivamente, participaron a continuación no acto de entrega de premios posterior á carreira, que recoñeceron ao equipo máis numeroso, ao disfrace máis orixinal e tamén ao máis animado, entre outros.

Cómpre lembrar que a recadación final da Carreira ENKI 2024 destinarase á adquisición de material deportivo adaptado, así como á posta en marcha de actividades de ocio e deporte nas entidades sociais. Ademais, os centros educativos participantes nesta edición entraron no sorteo dunha xornada de deporte adaptado na instalación do colexio gañador, un kit de deporte adaptado e tamén dorsais gratuítos para a vindeira edición da carreira, xa o ano que vén.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión