6 de setembro de 2024
A competición, organizada polo Concello, terá lugar este sábado 7 na contorna do Palacio dos Deportes
Este sábado 7 de setembro terá lugar o II Gran Premio de Ciclismo en Ruta Cidade da Coruña, evento que reunirá a máis de 250 ciclistas participantes de diferentes categorías masculinas, femininas e adaptada. Será nas proximidades do Palacio dos Deportes de Riazor onde se instalará o circuíto polo que transcorrerán as probas de ciclismo. O Goberno de Inés Rey organiza xunto ao Club Triatlon Coruña este evento co obxectivo de promover o ciclismo e o deporte entre os coruñeses e coruñesas, sobre todo entre a mocidade.
Nesta segunda edición a competición conta coa participación de máis de medio cento de clubs de ciclismo das catro provincias galegas, chegando ao límite de 300 participantes e erixíndose como unha das grandes competicións de ciclismo do panorama autonómico. O percorrido será o seguinte: saída desde o cruzamento da avenida de Bos Aires coa avenida da Habana, glorieta das Escravas, paseo de Rolda, San Roque de Fóra con Sor Joaquina e regreso ata a liña de meta. Esta é a segunda edición deste evento organizado polo Club Tríatlon Coruña coa colaboración do Concello da Coruña, Federación Galega de Ciclismo e Cruz Vermella.
O horario da competición será de 16.00 a 21.00 h. Os ciclistas que teñan que recoller os seus dorsais poderán facelo o mesmo sábado desde as 14.30 ata as 15.30 en Riazor. Ademais do circuíto, habilitarase no aparcadoiro do Palacio dos Deportes unha zona de xincana para as categorías inferiores. A entrega de trofeos realizarase ás 18.30 e ás 21.00 horas aproximadamente coa presenza do concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e un representante da Federación Galega de Ciclismo.
Os horarios das probas son os seguintes:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible