Concello da Coruña

Concello da Coruña

Castro de Elviña

Enderezo:

Camiño das Penas da Agrela 7-17. 15008 A Coruña

Teléfono:

+(34) 981 18 98 50

Páxina web:

http://www.coruna.gal/castroelvina

Horario:

Outubro a xullo: os domingos ás 12.00 h

Agosto e setembro: sábados e domingos ás 12.00 h

Poboado protohistórico situado no termo municipal da Coruña. O castro está delimitado por murallas. O espazo habitado excede as 4 hectáreas e é un dos máis grandes da Galicia setentrional.

Consta de tres recintos amurallados nos que as escavacións arqueolóxicas están a sacar á luz as diferentes construcións que se poden observar na visita. Os materiais obtidos nas escavacións son estudados e exhibidos no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón , entre eles, o conxunto de pezas áureas coñecido como o "Tesouro de Elviña".

O Castro de Elviña é un poboado protohistórico que estivo habitado entre o século III a.C. e o século IV d.C. O recinto consta de tres espazos amurallados. A croa, ou zona máis elevada, está rodeada dunha muralla duns 4 ou 5 m de altura e no seu interior agrúpanse as pequenas construcións. As terrazas inferiores mostran murallas de menores dimensións e edificacións diversas, como o singular pozo-alxibe.

Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS

Acceso: accédese ao Castro desde a vía que comunica o Campus Universitario de Elviña co Campus Universitario da Zapateira.

Punto de encontro: entrada ao Castro de Elviña (as persoas visitantes deben estar 10 minutos antes da hora de visita ao castro na entrada).

Duración: hora e media aproximadamente.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión