… atrévete a internarte nunha aventura sen fin, chea de sorpresas, onde todo é posible.
Infancia
Dende o 30/11/2024 ata o 01/12/2024
Preinscrición: a partir do xoves 7 de novembro dende as 9.00 ata o venres 8 de novembro ás 20.00 h. Cubrindo este formulario.
Recepción das/dos participantes: ás 19.00 h do sábado 30 de novembro, no auditorio do Fórum Metropolitano.
Recollida: o domingo 1 de decembro, ás 13.00 h, na entrada principal do Fórum Metropolitano (organizados por colexios).
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
25 € por participante.
Inclúe: a cea do sábado (tortilla, bocadillos variados, froita e zumes), o almorzo do domingo (galletas, bolos, leite con chocolate, zumes e froita), así como os materiais para as actividades.
IMCE
Moitas son as sorpresas que nos deparará esta versión adaptada das películas Do revés no Fórum. Pasaredes unha boa chea de aventuras para tratar de descubrir todas as emocións que están por aparecer. Personaxes, lugares insólitos, intrigas... estarán no Fórum para facer desa noite unha xornada divertida e única. Pero, ollo!, xa sabedes que as cousas non son o que semellan!
Se tes o espírito aventureiro e queres vivir unha noite divertida na que nada vai ser o que parece...
Explora os recunchos do Fórum para atopar, descubrir e vivir as innumerables propostas que as nosas educadoras e os nosos educadores che van propoñer, dunha forma totalmente distinta e disparatada.
Demostra o teu valor realizando as probas máis intrépidas e aloucadas, endexamais vividas.
Goza dunha noite incrible, onde, por raro que pareza, todo pode acontecer.
Calendario e proceso de inscrición:
Preinscrición: a partir do xoves 7 de novembro dende ás 9.00 ata o venres 8 de novembro ás 20.00 h. Cubrindo este formulario:
*Dentro do formulario poderanse inscribir ata 4 aventureiros/as que participarán co mesmo número de sorteo.
** Os irmáns ou irmás deben ir no mesmo formulario ou do contrario entrarán a sorteo con outro número diferente e polo tanto independente.
Publicación de listaxes: o luns 11 de novembro ás 12.00 h.
Nesta listaxe figurará o número de sorteo asignado por rigorosa orde, así como o DNI dos/das proxenitores/as dos/as aventureiros/as prescritos/as. Por favor, en caso de erros avisádenos antes da data do sorteo.
Sorteo: mércores 13 de novembro no Fórum ás 10.00 h.
* Realizamos o sorteo da 20ª Edición de Durme no Fórum. Das 316 solicitudes finais, tras as correccións, o número agraciado foi o 308.
Publicación das listaxes de prazas adxudicadas: venres 15 de novembro ás 10.00 h.
Ao longo da mañá do 15 de novembro mandaremos correo de confirmación da praza.
Aboamento: do 15 de novembro ata o 18 de novembro antes das 10.00 h
Aquelas persoas que se inscriban e non reciban a confirmación da praza, pasarán á listaxe da agarda.
Pago da cota:
Con data tope o luns 18 de novembro (ata as 10.00 da mañá) terán que facer o ingreso da cota, por transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977 (ABANCA). E enviar o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co nome/s dos/das nenos/as e co título "Durme no Fórum".
Por favor, cada pai/nai/titor-a pode aboar o seu aínda que sexan grupos de 4, pero é imprescindible identificar no correo o/a neno/nena.
Non se farán devolucións, agás que se cubra a praza con outro/a solicitante da listaxe de agarda.
As prazas están limitadas a 180 participantes. Se non se cubrise un mínimo de 100 prazas, suspenderase a actividade e devolveráselles o importe da inscrición.
Os/as participantes inscritos/as deberán asistir con:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible