As bombas e o xeneral é un espectáculo onde recreamos con siluetas animadas música e actores a historia dun xeneral que quere organizar unha guerra e para iso conta cun arsenal de bombas atómicas.
Familias
26/12/2016
Xa rematou
17.00 h
* Rógase puntualidade. Unha vez comezado o espectáculo, non se permitirá o acceso á sala.
Fundación María José Jove. Rúa Galileo Galilei, Edificio WorkCenter 4, A. 15008 A Coruña
3,00 euros (abono 3 familiar: 6,00 euros)
Os átomos saben das intencións do militar e deciden fuxir a un lugar mellor. O seu xefe verá frustradas as súas intencións.
Un espectáculo de total actualidade para concienciar os máis pequenos dos danos que provocan as guerras e as súas consecuencias. Un final amable para unha situación de conflito onde tamén presentamos os efectos devastadores dunha guerra.
Público: + 6 anos
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho da Fundación Mª José Jove: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou Web
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible