É a noite máis concorrida do ano nun dos restaurantes de moda en Londres
Para público en xeral
Os días 20/06/2024, 21/06/2024, 22/06/2024
Xa rematou
Xoves ás 20.00 h
Venres ás 20.00 h
Sábado ás 17.30 e 20.00 h
92 minutos
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 3,00 €
Descontos:
Carné Xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €
Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h co prezo único de 1,50 €
** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar de proxección.
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar a proxección deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar a proxección con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual das proxeccións programadas.
• Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
Con Stephen Graham e Jason Flemyng
Reino Unido 2021
92 minutos - VOSE
Na noite máis concorrida do ano nun dos restaurantes de moda en Londres, o carismático xefe de cociña Andy Jones paséase polo fío da navalla tratando de non sucumbir ante unha crise persoal e profesional que podería destruír todo aquilo polo que traballou. A inesperada visita dun inspector de sanidade e seguridade alimentaria aumenta a presión sobre o persoal mentres non deixa de chegar máis e máis clientela. Andy rifa e engaiola ao seu equipo indistintamente, facendo todo o posible para disipar as tensións entre a xerencia e as persoas traballadoras, mentres atende as ridículas demandas da súa clientela.
Ligazón ao tráiler: https://youtu.be/UBUfCL_tvro
VENDA DE LOCALIDADES
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible