Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos urbanos de Nadal 2024 Fórum e Ágora

Durante este campamento de Nadal no Fórum e no Ágora descubriremos a maxia dos xogos de diferentes culturas.

A quen vai dirixido:

Infancia

Cando:

Dende o 23/12/2024 ata o 07/01/2025

Formulario de inscrición nos Campamentos de Nadal 2024

Durante este campamento, exploraremos actividades recreativas de todos os recunchos do planeta, aprendendo e xogando aos xogos que unen as persoas das diferentes partes do mundo.

Con actividades dinámicas e diversión garantida co foco no respecto e na diversidade, este campamento é perfecto para fomentar o traballo en equipo, a creatividade e a aprendizaxe cultural mentres xogamos.

Únete a nós e vive unha experiencia única, chea de aventuras e conexións por todo o mundo!

LUGARES E DATAS: no Fórum Metropolitano ou no Centro Ágora. Os días 23, 26, 27, 30 de decembro do 2024 e 2, 3 e 7 de xaneiro do 2025.

PARTICIPANTES: nenas e nenos nadas/os entre 2013 e 2021, agrupados por idades. Número de prazas en cada centro: 90 prazas, distribuídas en 6 grupos por idades.

Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional nun grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias. No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente cada unha das solicitudes.

HORARIO ordinario: das 10.00 ás 14.00 h

Coa posibilidade de ampliación horaria, para a conciliación familiar:

  • Opción A: das 10.00 ás 14.30 h
  • Opción B: das 9.00 ás 14.00 h
  • Opción C: das 9.00 ás 14.30 h
  • Opción D: das 8.30 ás 14.00 h
  • Opción E: das 8.30 ás 14.30 h

As modalidades de ampliación horaria só se porán en marcha cun mínimo de 10 participantes.

Haberá unha pausa das 11.45 ás 12.00 h, para a merenda, que cada participante traerá da súa casa.

COTA: campamento con horario ordinario: 35,00 €

Para as opcións con ampliación horaria:

  • Opción A: 38,00 €
  • Opción B: 40,00 €
  • Opción C: 42,50 €
  • Opción D: 42,50 €
  • Opción E: 45,00 €

Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o campamento, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante.

INSCRICIÓN

Abrirase o día 2 de decembro, na nosa páxina web www.coruna.gal/cultura o formulario para a inscrición. A inscrición é directa ata cubrir as prazas. Todo o proceso será telemático.

- Unha vez enviado o formulario, no momento recibirá un primeiro correo electrónico co acuse de recibo da información indicada no dito formulario. E, nun prazo máximo de 24 horas, un segundo correo de Serviplustotal S.L. coa confirmación da praza (se fai a inscrición na fin de semana, será ao longo do seguinte luns). Revise a carpeta de "spam" eses días, por se acaso.

- Cando nese segundo correo reciba esa confirmación da praza, ten que realizar o ingreso do importe correspondente á modalidade horaria elixida, no seguinte número de conta de ABANCA ES76 2080 0036 6230 4002 1977.

- Unha vez aboado, terá que enviarnos dende a súa conta de correo electrónico un correo a forumagora@serviplus.org co seguinte:

  •  xustificante da transferencia ou unha captura de pantalla desta
  •  nome da crianza
  •  centro (Fórum ou Ágora) e
  • opción da ampliación horaria (A, B, C, D ou E)

Este correo permitiranos cotexar que o pago é correcto (xa que por cuestións relacionadas coa protección de datos, non temos acceso á información bancaria das persoas que fan o ingreso, e os acuses de recibo das aplicacións dos diferentes bancos non sempre facilitan os datos que requirimos, xa que nalgúns só se envía o nome da persoa titular da conta, sen indicar o concepto da transferencia).

O prazo para o envío do correo co xustificante bancario remata o 10 de decembro.

A partir do mércores 11 de decembro poderanse inscribir novos participantes ata completárense as prazas ofertadas, se quedan vacantes. No caso de que finalmente non poidan asistir ao campamento non se farán devolucións.

+ INFORMACIÓN

Dous días antes do comezo do campamento enviarase por correo electrónico, ao enderezo dende o que se realiza a inscrición, toda a información relacionada co funcionamento do dito campamento. Se precisan máis información poden solicitala a través do servizo telefónico gratuíto 010 ou dos correos electrónicos: forumagora@serviplus.org / imceocio@coruna.gal

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión