Concello da Coruña

Concello da Coruña

Carlos Núñez en concerto

Como xa é tradición, o noso gaiteiro máis internacional volve á casa polo Nadal e ofrécenos un concerto emotivo e sempre sorprendente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

26/12/2024

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea filas 1-2-3 (bloque central): 34,00 €

Resto de platea / palcos centrais: 31,00 €

Palcos laterais: 26,00 €

Principal: 22,00 €

1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 18,00 €

* Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

*Desconto do 25% para familia numerosa

**Os descontos aplicaranse logo da previa presentación do documento que acredite o desconto.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Keltia Produccions SL

Celtic Sea - A Travesía

Tras o grande éxito do novo disco Celtic Sea, Carlos Núñez e Brittany Ferries acaban de filmar e gravar en lugares emblemáticos o novo show "Celtic Sea, A Travesía". A St. Patrick´s Cathedral de Dublin, o Glasgow National Concert Hall, o Festival Interceltique de Lorient, a illa de Tatihou en Normandía ou o Kaufman Music Center de Nova York son algúns dos escenarios seleccionados por Carlos Núñez para realizar este novo proxecto. "Celtic Sea, A Travesía" descóbrennos músicas inéditas e novos artistas do mundo celta atlántico. Toda unha expresión do espírito de irmandade dunha tradición de 10.000 anos de intercambios a través do mar celta.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: só abre os días de función desde 2 h antes do inicio do concerto.

Venda en liña: www.ataquilla.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión