Monicreques de madeira, obxectos e danzas do lonxano oriente, para público familiar a partir de 4 anos.
Público Familiar
Familias
28/12/2022
Xa rematou
18:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 3,00 €.
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 6,00 €.
MENORES DE 2 AÑOS : 2,00€
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
- Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.es
O emperador da China. A súa filla, a princesa Chinchulina. Un palacio de porcelana fina. E un reiseñor que trina. Un espectáculo cheo de beleza, emoción, exotismo, danza e poesía.
O emperador da China vivía nun fermoso palacio feito todo da porcelana máis fina e fráxil do mundo, con belos xardíns e as flores máis exquisitas e perfumadas do orbe. Tamén tiña unha filla moi alegre e chea de vida chamada Chinchulina.
Chinchulina era unha nena algo tímida, pero en canto escoitaba música perdía a súa timidez e poñíase a bailar por todo o palacio. A súa alegría era tan contaxiosa que ata o seu pai, o emperador, poñíase a bailar con ela. Un día a tristeza apoderouse do corazón de Chinchulina. Só o canto dun paxaro chamado Reiseñor Azul podería devolver a alegría á súa murcho corazón. O emperador da China, que nunca saíra do seu fermoso palacio, decidiu romper coa tradición e saír en busca dese estraño paxaro chamado Reiseñor Azul. Na súa procura irá descubrindo os afáns, os desvelos e os soños dos humildes poboadores do seu vasto imperio.
Duración: 45 minutos. En castelán.
Interpretación e coreografía: Alba Vergne.
Dirección: Pablo Vergne.
Deseños, realización de bonecos e Atrezzo: Eva Soriano e Ricardo Vergne
Escenografía: Ana iturrate e Ricardo Vergne
Deseño Iluminación: Vergne
Vestiario: La Canica e Gádor Enríquez
https://vimeo.com/manage/videos/690949746
VENDA DE BILLETES:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible