De Jordi Casanovas
Para público en xeral
Dende o 11/10/2019 ata o 12/10/2019
Xa rematou
20.30 h
80 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
21'50, 15'00, 13'00, 9'50 € (carne xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
3 a.m. do 7 de xullo de 2016. Festas de San Fermín. Eles son cinco. Son A Manda. O máis novo e membro máis recente debe pasar polo seu rito de iniciación. Tras cruzarse cunha moza no centro de Pamplona, os cinco de "A Manda" ofrécense para acompañar á moza ata o seu coche, aparcado na zona do souto de Lezkairu. Pero, no camiño, un deles accede ao portal dun edificio e chama ao resto para que acudan. Agarran á nova e métena no portal.
Dramaturxia a partir das transcricións do xuízo realizado á Manda, construída con fragmentos das declaracións de acusados e denunciante publicadas en varios medios de comunicación. Unha ficción documental a partir dun material moi real, demasiado real, que nos permite viaxar dentro da mente de vítima e vitimarios. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados. Un caso que remove de novo o concepto de masculinidade e a súa relación co sexo da nosa sociedade. Un xuízo que marca un antes e un despois.
Con Fran Cantos, Álex García, María Hervás, Ignacio Mateos, Raúl Prieto e Martiño Rivas
Dirección: Miguel del Arco
Unha produción de Kamikaze Producciones, Milonga Producciones, Hause & Richman Stage Producers e Zoa Producciones para El Pavón Teatro Kamikaze
*Venda de entradas a partir do 9 de setembro
Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible