Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: Luces de Bohemia

De Ramón María del Valle Inclán

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/12/2019 ata o 14/12/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

130 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

18'00, 15'00, 11'00, 8'50  € (carne xove, + 65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)

Esta obra revolucionou o teatro.

Inaugúrase con ela un xénero novo: o esperpento, que rompe coas convencións escénicas anteriores.

Valle volve a súa mirada a unha España caduca, sen alento, sen ética. Unha España que era a caricatura de si mesma. Unha España sorprendida en transo de ruína, en  desmoronamento irremediable. Esta obra arremete contra toda unha sociedade.

Luces de Bohemia é unha viaxe á morte.

Luces de Bohemia é Max Estrella, o visionario poeta cego, que no seu propio vía crucis arrástrase ata o último alento.

Unha época que se descompón... Uns personaxes cuxa única ética parece ser a da subsistencia. Sobrevivir. Un mundo en descomposición. Un espazo en descomposición...

Esperpento como expresionismo hispano. Realismo bébedo de tinto  peleón.

A palabra, a forza da palabra de Valle, como  ladridos, ou coiteladas, caricias,  lambidas,  ouveos...

Con Roberto Quintana; Manuel Monteagudo; Juan Motilla; Amparo Marín; Antonio Campos; Rebeca Torres; Juanfra Juárez; Silvia Beaterio; José Luis Bustillo

Dirección y adaptación: Alfonso Zurro

Unha produción de Teatro Clásico de Sevilla

*Venda de entradas a partir do 9 de setembro

Despacho de billetes central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16 a 20 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/search/?term=luces%20de%20bohemia

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión