De Tito Asorey e Ana Carreira
Para público en xeral
Dende o 05/12/2017 ata o 06/12/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados, -20%)
No verán do 2016, cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex.
Unha morea de cadernos, centos de pensamentos, conversas, fotos, vinilos, casetes e obxectos diversos son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles. Como influíron na conformación do discurso individual os nosos referentes? Cantas versións diferentes poden existir sobre un mesmo recordo? De que maneira nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo de ritmos cambiantes e imparables?
Reflexionando sobre esas preguntas, tratan de revivir certos momentos do pasado transitando entre os límites da realidade e a ficción para poder comprender algo do presente e o futuro, para entender a importancia de estar dun lado ou outro da mesa, para procurar espazos de pausa e rebeldía nos que poder investigar sobre as orixes.
Resaca é o resultado da investigación documental dos vestixios deixados por Álex, unha tentativa por recompoñer a historia de alguén a quen non acabaron de coñecer de todo. Un xeito de falar dunha xeración a través dunha persoa común.
Un espectáculo sobre a resaca da existencia. Unha celebración da vida e da amizade.
Con Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez, Vadim Yuhknevich
Dirección: Tito Asorey
Il Maquinario Teatro
Venda de entradas
Despacho de billetes Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só días de función, de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible