Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concerto do grupo Malvela: O Benquerer

O grupo de cantareiras de Mos, amadriñado por Uxía Senlle, presentou o seu quinto álbum "O Benquerer" no Centro Recreativo e Cultural de Torroso. É un canto de amor á súa terra, o Val da Louriña. Orgullosas de seren de onde son, da súa orixe rural e de predicalo ao mundo, chegan con ilusión renovada e moitas ganas de que gocemos coa nosa música. 

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/06/2024

Horario:

19.30 h 

Duración:

60 min

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Non se precisa reserva previa nin retirar billete de entrada.

Este concerto, como todas as actividades de "Agra no Ágora", é de acceso libre e gratuíto. O programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

Organiza:

Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"

Contacto:

agra@galizacultura.gal

Traen nas mans novas composicións, coplas populares e pezas tradicionais adaptadas á nosa realidade cotiá. "Regresamos con moito ánimo para encher os campos das festas, auditorios e teatros coa nosa alegría e enerxía de sempre. Muiñeiras, malhao, rumba, xotas e pasodobres para non deixar que o corpo pare e unhas letras onde reivindicamos ser mulleres e voces libres, dunha idade que xa nos permite ser quen somos, sen medias tintas, e cantar na lingua que é nosa, aturuxar, bailar e contar a nosa vida a través das cancións que nos retratan e nos representan."

Somos dunha tribo que resiste e insiste na felicidade e no benquerer. Homenaxeamos as nosas nais, a "estrela" Rosalía, o amor libre, o feminismo, o humor e a emoción, sempre tan presentes nas coplas de Malvela. Incorporamos novos músicos ao grupo, que lle achegan a súa experiencia e bo facer. Rescatamos pezas tradicionais, mais este disco é maioritariamente autoral, de xente do noso contorno.

Música con enerxía para que os cantos tradicionais, eses que elas aprenderon de corrido á vez que nenas, sigan facendo festa, a ser patrimonio vivo de todos e todas, a engaiolarnos coa súa beleza e o seu ritmo. Malvela son un grupo moi popular en Galicia, queridísimas e con gran prestixio entre os programadores de música de raíz. 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión