A representación de conflitos nos medios e nos museos. Xornadas "Conflitos, xornalismo e arte: cuestións éticas."
Dende o 29/11/2012 ata o 30/11/2012
Xa rematou
Dúas xornadas dedicadas a abordar a ética como instrumento fundamental e ineludible na actividade informativa e na práctica artística, á hora de dar conta dos problemas sociais, políticos e culturais que vivimos en cada momento.
A ética dos reporteiros e fotoreporteros, dos artistas, de museos e galerías que dedican cada vez máis exposicións á fotografía de conflitos, será analizada nestas xornadas a través da experiencia persoal dalgúns dos mellores profesionais e de reputados especialistas.
Contaremos coa presenza de Marta Dahó, que traballou para Magnum Photos e comisariou recentemente a retrospectiva da fotógrafa Graciela Iturbide que itinerou por museos de prestixio internacional; e de Rafael Doctor, xestor cultural e comisario independente cunha longa traxectoria en institucións do rango do MNCARS, a Feira ARCO, ex-director do MUSAC ou como comisario da Noite en branco de Madrid. Nos seus relatorios ambos analizarán a recente e crecente posta en valor da fotografía de conflitos en espazos artísticos.
Con eles departirán, en senllas mesas redondas, artistas que centran o seu traballo fotográfico na violencia de xénero, a realidade migrante e nenos vítimas de abusos e violencia, así como con representantes dos espazos museísticos con maior traxectoria na exhibición de mostras que nos achegan algunhas das historias máis duras da nosa sociedade.
Diego Caballo Ardilla, fotógrafo e profesor de Fotoperiodismo na Universidade CEU San Pablo e Daniel Caballo Méndez, editor gráfico na axencia EFE e tamén profesor de Fotoperiodismo, presentarán no Centro Ágora o seu libro “Fotografía sin verdad, el poder de la mentira”, no que mostran numerosos casos nos que a fotografía de prensa utilizouse para enganar os lectores co fin de presentar unha realidade que non é, violando así un dos principios básicos da ética xornalística: a verdade.
Na xornada de ética xornalística, representantes dos principais medios nacionais e galegos, axencias informativas, así como medios de comunicación que optan por outra maneira de facer xornalismo, debaterán sobre un candente tema: é o xornalismo actual veraz, honesto e independente ou está ao servizo dos intereses económicos e políticos das empresas informativas?
Máis información:
www.rafagas.org
e- mail: rafagascoruna@gmail.com
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible