Placebo, El Columpio Asesino, Triángulo de Amor Bizarro e Belako únense no Coruña Music Day
01/11/2014
Xa rematou
Apertura de portas: 19.30 h.
- Pista pé (s/n): anticipada 32,00 (+ gastos); Día concerto: 35,00 € (+ gastos) - Bancada (s/n ): anticipada 29,00 (+ gastos); Día concerto: 32,00 € (+ gastos)
O Festival, que se realizará o próximo 1 de novembro no Coliseum, pon a guinda á oferta musical do ano ao reunir unha gran banda do panorama internacional con grupos nacionais consolidados.
As entradas póñense á venda hoxe a un prezo que vai dos 29 aos 35 euros.
A Coruña, 19 de setembro do 2014.- A tenente de alcalde de Cultura, Ana Fernández, presentou esta mañá o Festival Coruña Music Day, un evento de gran formato que se realizará no Coliseum o próximo 1 de novembro, cos concertos de Placebo, El Columpio Asesino, Triángulo de Amor Bizarro e Belako.
“O Coruña Music Day é o evento que estabamos buscando, esa guinda que nos faltaba para completar a oferta musical do ano e a resposta a unha demanda do público coruñés que reclamaba un gran concerto de música independente”, explicou Fernández, quen engadiu: “Imos trasladar ao Coliseum un esquema que a cidade acolleu con grande entusiasmo: a presenza dunha gran banda internacional, como Placebo, acompañada de grupos nacionais de gran calidade como El Columpio Asesino, Belako ou Triángulo de Amor Bizarro, estes últimos, ademais, unha banda local de grande éxito tanto a nivel nacional como internacional”.
“Para a cidade é un orgullo contar cun festival destas características encabezado por Placebo, unha banda de rock alternativo, que cumpre 20 anos no máis alto do panorama internacional”, afirmou e continuou: “Os anos pasan e xorden novos artistas, novos grupos, novas tendencias musicais pero Placebo sempre está aí, como avalan os seus máis de 12 millóns de discos vendidos en todo o mundo”.
Entradas:
- Pista pé (s/n): anticipada 32,00 (+ gastos); Día concerto: 35,00 € (+ gastos) - Bancada (s/n ): anticipada 29,00 (+ gastos); Día concerto: 32,00 € (+ gastos)
Venda de entradas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible