Proxeccións de curtametraxes de novos creadores audiovisuais: finalistas dos Premios Mestre Mateo 2014, finalistas premio Coruña Film (2ª sesión) e estrea da curtametraxe exprés dirixida por Eduardo Chapero Jackson.
01/11/2014
Xa rematou
De 16.00 a 23.00 h.
Gratuíto, ata completar a capacidade.
Unha ventá ao cinema en curta galega: finalistas dos Premios Mestre Mateo 2014
Horario: de 16.00 a 18.00 h.
CoruñaFilm proxecta as curtametraxes finalistas da última edición dos Premios Mestre Mateo, galardóns outorgados pola Academia de Cine Galega. Sesión organizada coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual.
Proxectaranse as seguintes curtametraxes:
Finalistas Premio CoruñaFilm (2)
Horario: de 18.00 a 20.00 h.
Segunda sesión de proxeccións dos finalistas do Premio CoruñaFilm.
Proxección e estrea da curtametraxe exprés dirixida por Eduardo Chapero-Jackson.
Horario: 22.30 a 23.00 h.
Para a clausura da segunda edición de CoruñaFilm, o Auditorio do Centro Ágora acollerá a estrea da curtametraxe dirixida por Eduardo Chapero-Jackson, como resultado da actividade Rodaxe Exprés. O equipo técnico da rodaxe, elixido por convocatoria online, estará formado por creadores galegos. A rodaxe, montaxe e estrea da curtametraxe levarase a cabo durante os tres días de celebración de CoruñaFilm.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible