Proxección de curtametraxes de novos creadores audiovisuais: Palmarés XII Festival Notodofilmfest, finalistas dos Premios Gaudí 2014 e finalistas premio CoruñaFilm (1ª sesión).
31/10/2014, de 17:30 a 22:30
Xa rematou
De 17.30 a 22.30 h.
Gratuíto, ata completar a capacidade.
Palmarés XII edición do festival de curtametraxes Notodofilmfest
Horario: 17.30 a 18.30 h.
Proxección das curtas gañadoras da última edición de Notodofilmfest, o festival de referencia en Internet.
Proxectaranse as seguintes curtametraxes:
Unha ventá ao cine en curta catalá: finalistas dos Premios Gaudí 2014.
Horario: 18.30 a 19.30 h.
CoruñaFilm proxecta as curtametraxes finalistas da última edición dos Premios Gaudí, galardóns outorgados pola Academia do Cine Catalán. Sesión organizada coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual.
Proxectaranse as seguintes curtametraxes:
Finalistas Premio CoruñaFilm (1)
Horario: de 19.30 a 21.30 h
Primeira sesión de proxeccións dos finalistas ao Premio CoruñaFilm.
#Sequence
Horario: de 21.30 a 22.30 h.
#Sequence é unha longametraxe colectiva que se rodou e estreou nun único día, o 21 de decembro do 2013, con motivo da celebración do día máis curto [ED+C].
O director Montxo Armendáriz coordina esta película integrada por 17 curtametraxes, cuxo denominador común é que están rodadas nun único plano secuencia e que seguen as regras identitarias do festival de curtas Notodofilmfest e da iniciativa #littlesecretfilm.
Os autores das curtametraxes son:
Víctor Alonso, Manuel Bartual, Ferrán Brooks, Borja Crespo, Haizea G. Viana, Gonzalo Gurrea, Roland de Middel, Benja de la Rosa, Elena de Torres, Marina Maesso, Javier Marco, Raúl Navarro, Teo Palomo e Gonzalo Reimunde, Víctor Parkas, Roberto Pérez Toledo, Hermanos Prada, Carlos Rivero e Alonso Valbuena.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible