Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
En CoruñaFilm levaranse a cabo 9 talleres intensivos de catro horas de duración cada un, especializados en diferentes áreas cinematográficas como a dirección, o guión, o financiamento de proxectos audiovisuais ou a interpretación.
O proceso de selección das persoas participantes dos talleres realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar o número dispoñible de prazas e atendendo aos requisitos específicos de cada taller. Os alumnos dos talleres deberán ser maiores de idade.
Importante:
Cada alumno poderá elixir un máximo de tres talleres para asegurar que aos talleres asistan o máximo número de inscritos posibles.
O equipo de organización de CoruñaFilm poñerase en contacto coas persoas participantes para confirmar que a súa inscrición se realizou correctamente.
Para poder participar é preciso enviar a corunafilm@coruna.esa ficha de inscrición especificando o taller ou talleres nos que a persoa participante está interesada antes do 21 de outubro.
Para os talleres de nivel avanzado é imprescindible achegar o currículo xunto co formulario de inscrición.
Taller de novas formas de distribución dixital. Xoves 30 de outubro de 10 a 14 horas. Impartido por Pablo Maqueda (#littlesecretfilm)
Taller de cine para todos. Xoves 30 de outubro de 10 a 14 horas. Impartido por Iñaki Arrubla (Cine Accesible).
Taller de guión (nivel avanzado). Xoves 30 de outubro de 16 a 20 horas. Impartido por Fernando León de Aranoa.
Taller de interpretación (nivel inicial). Venres 31 de outubro de 10 a 14 horas. Impartido por Ana Gracia (Estudio Corazza para el actor).
Taller de interpretación (nivel avanzado). Venres 31 de outubro de 17.30 a 21.30 horas. Impartido por Ana Graza (Estudio Corazza para el actor).
Taller de dirección cinematográfica (nivel avanzado). Venres 31 de outubro de 10 a 14 horas. Impartido por Enrique Urbizu.
Taller de dirección cinematográfica (nivel inicial). Venres 31 de outubro de 16 a 20 horas. Impartido por Enrique Urbizu
Taller de guión (nivel inicial). Sábado 1 de novembro de 10 a 14 horas. Impartido por David Planell.
Taller de financiamento de proxectos audiovisuais. Sábado 1 de novembro de 16 a 20 horas. Impartido por Puy Oria.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible