O documental transcende os límites dunha película sobre a obra de teatro e móstranos a cidade de Saraievo durante a guerra.
21/11/2012
Xa rematou
20.30 horas.
Entrada gratuíta.
Duración: 35 minutos.
Á espera de Godot. Teatro. Agrupación teatral VALACAR da Asociación Cultural de Cegos e Deficientes Visuais da Coruña. Patrocinado pola ONCE.
Vladimir (Didí) e Estragón (Gogó) están ao bordo dun camiño esperando a Godot. Parecen dous vagabundos que pasan o tempo conversando, e ás veces discutindo. Esta conversa verase interrompida por distintos personaxes: un neno que trae un recado de Gidot, e o cruel e autoritario Pozzo co seu criado Lucky.
Dirección: Arturo López.
VALACAR naceu no ano 89 dentro da ONCE. Foi a primeira compañía de cegos en Galicia e unha das primeiras de España. VALACAR participa dende o ano 1992 en xiras e festivais, en mostras estatais de teatro para cegos (Barcelona, Canarias, Sevilla, Málaga, Valencia, A Coruña, Tarragona, etc.) e nalgunha mostra europea (Festival de Teatro e Terapia, Universidade de Lozd, Polonia).
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible