MUNCYT Coruña acolle a décimo quinta edición da exposición de fotografía científica Fotciencia, certame organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Para público en xeral
Dende o 02/08/2018 ata o 21/08/2018
Xa rematou
Praza Museo Nacional 1. 15011 A Coruña
gratuíta
As persoas visitantes poderán contemplar 49 fotografías seleccionadas entre as máis de 700 que se presentaron ao concurso que se agrupan en dúas categorías: Xeral e Micro.
As fotografías ilustran a partir dunha visión artística e estética feitos científicos singulares descritos polos seus propios autores e autoras. Poderás ver como son en realidade as neuronas, microorganismos, a beleza das ás dunha libélula, o parecido do seleniuro de indio á pirámide de Keops, entender como flota unha laranxa, o proceso de cambio dunha folla...
Ademais, na programación de verán contamos con talleres que lles axudarán aos máis pequenos (e a aquelas persoas que teñan curiosidade) a entender algúns dos fenómenos retratados nestas instantáneas. Consulta a nosa programación de verán aquí.
Sala Nanoespacio (5ª planta)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible