A illa de Lampedusa é o punto máis meridional de Italia, que desde 1990 converteuse nun lugar masivo de desembarco de inmigrantes ilegais procedentes de terras africanas.
Para público en xeral
Dende o 26/09/2018 ata o 26/08/2018
Xa rematou
19.00 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezadas as proxeccións non se permitirá o acceso á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Libre (ata completar a capacidade)
ONG A.I.R.E. e coordinado polo xestor cultural Javier Trigales
Tel.: 981 184 293
Fórum Metropolitano
En pouco máis de 20 anos, máis de 20.000 persoas afogáronse durante a travesía para acadar o que para moitos supón vía de entrada a Europa, e que lles debería permitir escapar da guerra e da fame. Samuel vive na illa, ten 12 anos, vai á escola, gústalle tirar coa tirafonda e ir de caza. Gústanlle os xogos de terra, a pesar de que todo ao seu redor fala do mar e dos homes, mulleres e nenos que intentan cruzalo para chegar alí.
Coloquio con Federico Pichel
* Todas as proxeccións serán en DVD-VOSE
* Ao finalizar cada pase haberá un pequeno coloquio con invitados especializados na materia e profundarase sobre a temática proposta pola película.
* A entrada ao ciclo "Os ollos abertos" será libre ata completar a capacidade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible