Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

"Fuocoammare (Lume no mar)", de Gianfranco Rosi

Ciclo Saíndo da fábrica

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 15/05/2025, 16/05/2025, 17/05/2025

Xa rematou

Horario:

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Duración:

108 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos:

Carné Xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión das persoas espectadoras: sábados ás 17.30 h con prezo único de 1,50 €

** Para que se apliquen os descontos é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de mercar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez que comece a proxección non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección.
  • Ao acceder á sala de cine poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo a política de descontos.
  • Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.
  • Non se permite consumir alimentos ou bebidas na sala.
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas.
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente.
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión.
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñas ou de que ocupen ou non butaca.
  • Os cochiños e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles indicacións.
  • Recomendamos consultar a sinopse e as idades recomendadas das películas.
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán ser requiridas polo persoal responsable da sala.
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias.

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Documental

Italia 2016

108 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 7 anos

A illa de Lampedusa é o punto máis meridional de Italia, que desde 1990 se converteu nun lugar masivo de desembarco de inmigrantes ilegais procedentes de terras africanas. En pouco máis de 20 anos, máis de 20.000 persoas afogáronse durante a travesía para alcanzar o que para moita xente supón vía de entrada a Europa, e que lles debería permitir escapar da guerra e a fame. Samuel vive na illa, ten 12 anos, vai á escola, gústalle tirar coa fonda e ir de caza. Gústanlle os xogos de terra, a pesar de que todo ao seu redor fala do mar e dos homes, mulleres e nenos que tentan cruzalo para chegar alí.

2016 - Festival de Berlín: Oso de Ouro á Mellor Película

2016 - Premios do Cinema Europeo: Mellor Documental

Ligazón ao tráiler: https://youtu.be/wgh9q4f6oOk

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente días de proxección desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende: Selecciona fecha

Ata: Selecciona fecha

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible