LOCALIDADES ESGOTADAS
Público Familiar
Familias
29/12/2022
Xa rematou
18:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 3,00 €.
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 6,00 €.
MENORES DE 2 AÑOS : 2,00€
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
- Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es
IMCE
forum@coruna.es
Espectáculo de monicreques con luz negra, para público familiar a partir de 2 anos.
Güela-güela é a gran aventura dunha pequena cegoña, unha historia cargada de diversión, humor e música, que realza a importancia da amizade, a solidariedade e a familia pero, sobre todo, o importante que é voar sempre en grupo e nunca só, para protexernos dos perigos que nos podamos atopar.
Desde sempre, a misión das cegoñas foi a de levar os bebés recén nacidos aos brazos dos seus pais, voando sempre en grupos ou bandadas. Para iso, foron dotadas duns picos longos e fortes e dunhas ás grandes e poderosas, e unha forma de voar elegante e firme que lles fai poder percorrer grandes distancias ata chegar aos seus destinos.
Pero un día, Güilly, unha pequena cegoña, decidiu que xa era maior para levar un hatillo cun bebé aos seus pais, o cal, ao ter o pico cortiño e as ás pequenas, pero sobre todo, ao ser aínda pequeno e non poder seguir o ritmo de voo, a negativa da comunidade das cegoñas foi unánime. Sen embargo un día, sen saber moi ben como, as cegoñas adultas esquecéronse un hatillo cun bebé moi peculiar. Que pasará a partir de aquí? Quen levará a ese bebé até os seus pais?...
O único espectáculo dunha compañía galega no Museo Nacional del Prado; baseada na obra "Concerto de aves" de FRANS SNYDERS, para a súa representación durante o 2015 e 2016, no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil que visita o Museo.
Duración: 45 minutos. En galego.
Elenco artístico: Chisco Casteleiro e Vicky Pérez.
Autor, Director e Adaptación: Chisco Casteleiro
Deseño son: Ana Conca
Música: Tony Torres
Coreografía: Ana Conca
VENDA DE BILLETES:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible