Taller de arte para nenos.
Nenos de 7 e 11 anos.
Os días 12/01/2013, 02/02/2013
Xa rematou
De 11 a 13 horas.
Quiosco Alfonso. Jardines de Mendez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña
Gratuíta mediante inscrición (prazas limitadas).
Inscrición nos teléfonos: 981 18 98 98 (mañás) e 619 46 04 27 (tardes).
Os talleres serán impartidos por María Cebrián e equipo.
Inscrición nos teléfonos: 981 18 98 98 (mañás) e 619 46 04 27 (tardes)
Esta actividade é gratuíta.
"Historia dunha escaleira" é un taller práctico de arte dirixido a nenos que parte do achegamento á intervención artística de Jorge Perianes no Quiosco Alfonso. A instalación que formula, a partir de tramos de escaleiras de man modulares e ocos abertos nos muros, permitiranos profundar plasticamente nas nocións de espazo, dirección, perspectiva e a construción das sombras, como elementos de formalización do espazo.
A través de dinámicas de xogos espaciais e, da construción de artefactos, buscaremos como articular e sorprender os máis pequenos, transformando o espazo a partir das súas propias intervencións.
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible