Apaixonada da natureza, Mari Carmen Domínguez, coñecida como Karmenka, profesora de matemáticas na Universidade de Salamanca, namorouse dos glaciares nunha charla de Adolfo Eraso sobre o Perito Moreno tras a que se lanzou a aplicar os seus coñecementos matemáticos a salvar estes xigantes de xeo. Despois da súa primeira exploración no interior dun glaciar, decidiu dedicar o resto da súa vida a dar a coñecer a realidade das rexións polares.
Para público en xeral
21/09/2019
Xa rematou
De 18.00 a 19.00 h
Libre ata completar a capacidade
En 2001 puxo en marcha o proxecto GLACKMA (Glaciares, Criokarst e Ambiente), declarado de Utilidade Pública polo Ministerio de Interior en 2015, a través do que estudan o xeo que se perde en forma de auga nos casquetes polares de ambos os hemisferios e a evolución do quecemento global.
Karmenka realizou máis de 60 expedicións polares a lugares como Antártida, Patagonia, Islandia, Svalbard e Siberia e é unha entusiasta da divulgación, para a que desenvolve un intenso labor con escolares e público de todas as idades. A súa frase «na busca dos soños, só son necesarias tres cousas: ilusión, persistencia e paciencia" é o lema que guía a súa vida de ciencia e aventura.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible