Unha obra de monicreques de crochet, para público familiar a partir de 3 anos.
Público Familiar
Familias
23/12/2022
Xa rematou
Entradas esgotadas
18:00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 3,00 €.
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 6,00 €.
MENORES DE 2 AÑOS : 2,00€
IMCE
forum@coruna.es
Unha divertidísima versión do coñecido conto tradicional repleta de cancións e ladaíñas infantís.
Á nosa "ratita" choveranlle unha chea de pretendentes...pero non se poderá resistir aos encantos dun gato alto, guapo e con acento francés. Atopará o seu amor verdadeiro ou terminará sendo a cea do señor Don Gato?
O amor non se pode escoller. Ás veces chega e logo vaise. Ás veces queda para sempre e ás veces non o atopas nunca. Outras, telo tan preto que nin o ves. A ratita Martina e o rato Martín son bos amigos. Un día, Martina atopa unha moeda e decide comprarse un lazo na mercería do seu amigo Martín. E está tan guapa que empezan a choverlle os pretendentes. O Señor Pato, Don Sapito, Don Gato... Cal será a mellor elección? A ratita non se deixará conquistar facilmente, nin Martín permitirá que lle arrebaten o amor da súa vida.
https://www.youtube.com/watch?v=WHQ2mJ5QvEA
Duración: 45 minutos.
En castelán.
Elenco artístico: Patricia Arroyo e Guillermo Gil
Dirección: Eduardo Guerrero
Texto: Guillermo Gil y Eduardo Guerrero
Construcción de títeres: Patricia Arroyo, Guillermo Gil
Vestiario: Isis de Jesús
Deseño de luz: Jorge Nuevo
Escenografía: Tropos, teatro de títeres
REQUISITOS
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Forum deben facelo con entrada.
- Despois do espectáculo, se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo forum@coruna.es
VENDA DE BILLETES:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible