Concello da Coruña

Concello da Coruña

#LunsDeEncontros: "Los nombres de los peces" de Pedro del Pozo Toscano

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/09/2024

Inscricións:

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19.00 h. a 20.00 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 30 de setembro ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano teremos a presentación do libro "Los nombres de los peces" de Pedro del Pozo Toscano, publicado pola editorial Loto Azul.

SINOPSE:

Los nombres de los peces é unha vibrante sucesión de plans, mapas, erros e tempos. Tempos sempre amablemente acompañados palabras vitoriosas, palabras derrotadas, peces, rochas e zonas abisais. Non é un libro de vivencias, nin un libro de viaxes nin un libro de reflexións. É un libro de poemas que aspiran a ser habitacións da casa común onde podemos refuxiarnos do desánimo e o pesimismo.

BREVE BIOGRAFÍA:

Pedro del Pozo Toscano naceu na cidade de Sevilla, 1971. Vive na vila de Betanzos, A Coruña. É profesor no IES A Sardiñeira, químico, investigador no ámbito da inclusión educativa e poeta. Antes traballou en cafetarías, xardíns, laboratorios e bibliotecas. Integrante da Palabra Itinerante, colectivo cultural de longa traxectoria comprometido coa función social da literatura e coa súa difusión a través de lecturas, recitais musicados, encontros, festivais, talleres de creación, clubs e todo tipo de actividades que busquen compartir e gozar o compartido.

OBRA PUBLICADA:

Libros de poesía:

  • Todas las puertas abiertas (Libros da Ferida, Sevilla, 2005)

  • Distancias: poemas de los océanos zigzagueantes (Baile do Sol, Tenerife, 2010).

  • De como sangra el lobo (Maclein e Parker, Sevilla, 2018).

  • Los nombres de los peces (Loto Azul, Valencia, 2024).

Antoloxías e obras colectivas:

  • Poesía viva de Andalucía (Universidade de Guadalaxara, México, 2006).

  • El árbol tallado que retoña (Deputación provincial, Málaga, 2009).

  • Lo que quedó del naranjo (El Páramo, Córdoba, 2009).

  • Calendario da poesía en español (Alhambra Publishing, Bruxelas, 2010).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión