Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

#LunsDeEncontros: Presentación do libro “Las cartas del forastero: historias de un inmigrante” de Johan López Sánchez

#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/04/2025

Inscricións:

Acceso libre ata completar a capacidade

Horario:

Das 19.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

O luns 21 de abril ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano temos a presentación do libro "Las Cartas del Forastero: Historias de un Inmigrante" de Johan López Sánchez.

Actividade con acceso libre ata completar a capacidade.

SINOPSE:

Las Cartas del Forastero é unha viaxe de transformación e resiliencia. Un canto á esperanza e a integración. Como inmigrantes, cada paso que damos é unha decisión ao destino que queremos, á vida que soñamos. Non é só un libro para as persoas migrantes ou nativas. É un texto para aquelas que queiran ser transformadas.

A través de 12 capítulos faremos unha viaxe, non só física, senón emocional. Partindo desde A Arxentina, pasando pola miña natal Venezuela, os Estados Unidos e a vida nas diferentes cidades de España que me acolleron. Cada etapa está impregnada de loita, esforzo e determinación.

É un relato a través de historias para Akiva, -a descendencia- e ensinanzas sobre as relacións humanas, decisións, equivocacións e acertos, momentos de alegría, aprendizaxes, dó, desarraigamento e adaptación, cheo de personaxes incribles que fun coñecendo no camiño e que marcaron a miña vida.

Las Cartas del Forastero é a miña historia, tan singular e universal como a de calquera outro inmigrante, contada desde o agradecemento e a dúbida; a certeza e a incerteza; a cotiandade e os soños. Acompañada dunha linguaxe sinxela e cunha narrativa chea de matices musicais e cinematográficos que son parte da miña vida. Convídote a lelas e viaxar comigo nesta marabilla variada que é emigrar, que é vivir.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende: Selecciona fecha

Ata: Selecciona fecha

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible