De Teatro da Ramboia. Espectáculo recomendado para maiores de 14 anos.
Para público en general
29/11/2019
Ya ha finalizado
20.30 h
85 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
14'00, 10'00, 8'00, 6'50 € (carne xove, +65 anos, desempregados, -20%; familias numerosas, -25%)
Uns feirantes chegan ao que chaman fogar logo dun día de traballo. Son Camilo e Tomás, dous titiriteiros que levan o mesmo espectáculo unha e outra vez polas vilas do país. Carretan ás costas un enorme "tutilimundi". A disxuntiva de abrilo convérteo nunha caixa de pandora latente.
Contar e dar vida ao que contén, supón a única vía de escape dos totalitarismos que os oprimen. Un xeito de sobrevivir nun reino militarizado sen trazas de lóxica humanística. Nun contexto ao que non pertencen, nun reino que non é do seu mundo.
Ábreno. As marionetas emerxen da farsa como alegorías incontrolables e esperpénticas dunha realidade pasada. A comedia ábrese paso como xerme de cambio nun xogo continuado entre o micro e macro teatro. Ata que todo remata. Desbórdase.
Mais Camilo e Tomás volverán representar a súa farsa, o tutilimundi volverá a abrirse e a historia volverá comezar.
En "O Meu Mundo non é deste Reino" a inxustiza tínguese de vivas cores querendo despistar ao senso común, ao oprimido. E que ocorre co resto? Cos que lle rodean? Esvaecen nun fondo descolorido.
O MEU MUNDO NON É DESTE REINO, é unha adaptación da "Farsa de Bululú" de Manuel María, unha parodia da ditadura franquista. A recuperación do título orixinal da obra serve para proxectar este laio silenciado no seu día. Hoxe, encabeza o espectáculo de novo para facer fronte a un pasado que insiste en repetirse.
Dirección e Dramaturxia: María Peinado
Elenco: Anxo García e Fran Lareu
Deseño iluminación: Germán Gundín
Deseño escenografía, marionetas e vestiario: María Peinado
Construcción escenografía: Armindo Salgueiro e Anxo García
Apoio escenografía: Luis Iglesias "Luchi"
Construcción marionetas: Anxo García
Sastrería: Nidia Rodríguez Romero
Espazo sonoro: María Peinado
Fotografía e vídeo: Sabela Peinado e No-Majors
Deseño gráfico: Fran Lareu
Produción e Distribución: Fran Lareu
Venda de entradas
Despacho de billetes da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho de billetes do teatro: só abre os días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-teatro-o-meu-mundo-non-e-deste-reino-teatro-rosalia/
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible