Concello da Coruña

Concello da Coruña

Peón, non atraveses a túa vida

Asociación Stop Accidentes

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 16/09/2024 ata o 22/09/2024

Xa rematou

Horario:

Horario da exposición

De luns a venres das 09.00 ás 21.00 h

Sábado 11 das 09.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Organiza:

Asociación Stop Accidentes

Coa exposición fotográfica Peón, non atraveses a túa vida a Asociación STOP Accidentes busca promover na cidadanía unha reflexión visual sobre a mobilidade no ámbito urbano e interurbano, provocando a reflexión social sobre os riscos na mobilidade a través de imaxes de infraccións e/ou situacións de risco de peóns e peoas, condutores/as e pasaxeiros/as.

A través da fotografía a asociación conciencia e promove a prevención e educación viaria, co obxectivo de conseguir un cambio na cultura viaria da sociedade.

A exposición está formada por fotografías de diferentes autores e autoras que participaron no concurso que leva o mesmo título "Peón, non atraveses a túa vida". Con esta iniciativa STOP Accidentes, quere concienciar as persoas condutoras e demais usuarias das vías públicas sobre a necesidade de cumprir coas normas de tráfico.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión