Dentro do obxecto do IMCE de contribuír á defensa e divulgación dos valores socioculturais da cidade e potenciar o desenvolvemento das actividades culturais no seu conxunto, está prevista a contratación de representacións artísticas a creadores/as e agrupacións culturais locais.
Para público en xeral
Dende o 08/06/2020 ata o 31/07/2020
Xa rematou
Dende o 08/06/2020 ata o 05/07/2020
IMCE
É obxecto desta convocatoria a selección de proxectos culturais para a súa contratación e representación na cidade no ano 2020.
Entenderase como proxecto cultural toda iniciativa ou proposta de actividade ou espectáculo cultural do ámbito das artes escénicas, incluíndo as disciplinas artísticas de música, danza, teatro, circo, cabaré, cinema, recitais, performances ou audiovisual, e calquera outra manifestación artística. Non constitúen obxecto da presente convocatoria proxectos que incidan no campo da acción social.
Os proxectos teñen que estar destinados ao público en xeral e as actividades deberán ser de carácter gratuíto, e desenvolveranse integramente na cidade da Coruña.
Documentos relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible