Concello da Coruña

Concello da Coruña

POETAS DI(N) VERSOS PRIMAVERA 2015

A programación poética estable do Concello da Coruña encara o seu último trimestre por este sexto ano con dúas novas citas co mellor da poesía galega e internacional.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 20/04/2015 ás 20:30 , 08/06/2015 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Libre ata completar a capacidade.

A oferta poética dirixida pola escritora e dinamizadora cultural Yolanda Castaño e promovida pola Concellería de Cultura da Coruña continúa mostrando algunhas das mellores voces da poesía actual tanto galega como do resto do mundo. E faino sempre en lecturas dobres, abertas e gratuítas, de aproximadamente unha hora de duración, realizadas mes a mes no Auditorio do Centro Ágora e conducidas pola propia Castaño, como sempre en luns e como sempre ás 20.30 h.

POETAS DI(N)VERSOS é o único ciclo poético xornal de ámbito internacional en toda España, e foi galardoado recentemente co Premio da Crítica-Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.

POETAS DI(N)VERSOS inicia a súa temporada de primavera o luns 20 de abril con dous poetas cun sonoro e potente directo, dende a rebeldía dun xénero que rompe os seus marcos a forza de facerse de música e estrépito. Nacidos respectivamente en Muros e Nápoles, Samuel L. París (1984) e Lello Voce (1957) chegarán á Coruña dende as comarcas de Compostela e de Véneto. E despregarán sobre o escenario do Ágora a forza contracorrente dos seus poemas entre ecos de Spoken Word e guitarras eléctricas. Un modo aberto e directo de gozar da forza da palabra na voz dos seus propios autores.

Un estilo máis calmado, íntimo e lírico, aínda que igualmente enriquecido con elementos plásticos e musicais, será o que revista a seguinte sesión do ciclo. Esta atrasarase–nesta ocasión- ata o luns 8 de xuño. Será o día en que Rati Saxena chegue dende Kerala para recitar xunto á poeta de Becerreá Helena Villar Janeiro. Poetas experimentadas en hindi e galego respectivamente, as obras destas autoras están cheas de humanidade, memoria e conciencia existencial.

FOI CANCELADO o recital previsto para o luns 22 de xuño, que reuniría o poeta revelación dos últimos anos en Galicia xunto a unha das voces poéticas vivas máis veneradas entre os amantes da poesía: o barbancés Gonzalo Hermo e a neoiorquina Louise Glück

Os recitais, que contarán sempre con traducións ao galego dos textos que se interpretan en lingua orixinal, ofrecerán a posibilidade de levar sinaturas dos invitados ao seu remate.

O ciclo volverase interromper durante o verán e regresará con novas citas en outubro.

O ciclo seguirá facendo unha decidida aposta polas librerías de barrio, que poñerán á venda en cada acto os títulos dos e das protagonistas. As persoas asistentes poderán levar, así, sinaturas dos autores nos exemplares dos seus libros. Os novos retallos constituirán máis ocasións de establecer entre lectores/as e poetas un contacto directo, humano e cheo de emoción.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión