Concello da Coruña

Concello da Coruña

"Por fin juntos"

Nunca deixaron de estar xuntos. O nome deste show non ten ningún tipo de sentido, pero así decidiron bautizalo os cómicos Facu Díaz e Miguel Maldonado, que percorrerán o país de punta a punta cargados de chanzas e bromas para deleitar o seu público.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/11/2024

Horario:

20.00 h

Duración:

90 min aprox.

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Platea 20,00 €

Anfiteatro / MR 18,00 €

- Desconto do 20% para Carné Xove, maiores de 65 anos e persoas desempregadas

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.

• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.

• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Etiqueta Negra Producciones SL

De novo, coma sempre, cun ollo posto na actualidade e o outro na broma porque si. Ríndose sen moito coñecemento pero con moita convicción. Unha fórmula que lles fixo abandonar a precariedade e instalarse na burguesía a pasos axigantados. Entregados a unha vida de luxos pero sen esquecer de onde veñen, queren celebrar os seus 10 anos de carreira como dúo cun novo espectáculo coas súas pezas cómicas e os seus monólogos.

Nin máis nin menos que o que as xentes esperan deles. Farán o que saben facer, sen arriscar demasiado, non esperen pirotecnia nin backflips. Que saia da súa zona de confort quen queira, porque eles non o van facer.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión